Café & Teatro
Cervexería, comidas e actuacións.
Neste local poderás disfrutar da mellor comida preparada con moito agarimo e con unha relación calidade prezo inmellorable.
Para disfrutar no local ou para levar.
Contamos con dous comedores:
Comedor Buda,
Situado na planta alta do local e decorado cun estilo étnico no que predominan as cores vermellas e douradas, neste comedor poderás disfrutar de forma tranquila dos diferentes platos que conforman a nosa carta, ou engargar a comida que ti desexes para celebrar o evento que corresponda.
- Capacidade ata 40 persoas
- Posibilidade de organizar ceas ou comidas privadas
- Despedidas de solteir@ con ou sin striper
- Comunións, bautizos, ceas de empresa, etc.
- Comida para levar
- Eventos privados
Comedor Clube,
situado na planta intermedia, o local presenta unha ambientación retro na que as tonalidades marróns que van dende os chocolates ata os beiges, pasando por cafés predominan e acompañan a pedra orixinal do edificio, para que a través de unha coidada iluminación indirecta se consiga resaltar unha decoración recargada que evoca o salón dunha casona dos anos 80.
Perfecto para cear cos amigos mentres se ve algún acontecemento deportivo ou se disfruta dunha das diferentes actuacións en directo que aquí se programan e que ven dende monólogos a concertos, pasando por espectáculos de maxia ou proxeccións de curtametraxes.
- 14 mesas.
- 5 pantallas.
- Billar, diana e futbolín.
- Servizo de coctelería.
- Reserva de mesas.