O proxecto F&K atende a un concepto global de oferta de ocio e restauración.
Fiel sempre a unha filosofía baseada en actuacións responsables e un achegamento moi próximo ós clientes, buscamos a identificación dos mesmos co proxecto.
Intentando facelos partícipes do éxito do mesmo e ofrecendolles unha imaxe de marca que lles permita identificar o selo do F&K alí donde este apareza.
O que se busca dende o primeiro día é prestar atención a carencias detectadas na oferta de ocio e restauración de cada momento, conquerindo unha adaptación continua ós novos tempos, e tratando sempre de diferenciarse a través do coidado dos pequenos detalles.
De ahí que o F&K sexa algo en contínuo proceso de cambio, acometendo sempre novas ideas e estando dispostos a desenrolar calquera campo donde sexan aplicables a nosa esencia e espiritu.
Actualmente o proxecto F&K desenrola a súa principal actividade no local situado en rúa Rosalía de Castro Nº 11, ocupando a totalidade do edificio que consta de tres plantas, acollendo cada unha delas a un local distinto cunha decoración e unha equipación distintas.